O grande irmán espreita, ese ollo que todo o ve está en todas e cada unha das pantallas que poboan a cidade.
Dous irmáns, Clara e Teseo, serán (únicos individuos que viven afastados da hinopse dos monitores) os que saian alá fóra á procura da destrución do mal. Eles, con todo, tampouco son puros, pois a pesar do afastamento social en que se criaron, hai unha importante razón que só lles será desvendada así que Clara consiga a maioría de idade.
O camiño está cheo de obstáculos, pois no exterior instalouse o pavor, a opresión, a dexeneración e a deshumanización. Mais a solución, sen dúbida, ha de vir da man dos que non están pervertidos polo mal, polas mensaxes delirantes da Imaxe.
Agora que tan de moda esstán os realitis, recomendámosvos esta lectura de Suso de Toro. Xa nos contaredes... E se queredes ler máis del, clicade aquí, atoparedes outros títulos á vosa disposición.

No hay comentarios:
Publicar un comentario