jueves, 23 de septiembre de 2010

BENVIDAS E BENVIDOS!


En italiano, en gaélico, en francés, en inglés, en chinés, en éuscaro, en vietnamita, en portugués, na nosa lingua, na vosa lingua:

BENVIDAS E BENVIDOS 
un ano máis a este blogue do Departamento de Lingua e mais de  Dinamización da Lingua Galega.

E sobre todo, queremos darlle a nosa máis agarimosa benvida a todo o alumnado que vén por vez primeira ao noso instituto. Tamén botaremos en falta eses mozos e mozas que remataron a súa estadía nestas aulas. E, como non, estrañamos xa a Antonia e a Pilar, profesoras e compañeiras de Biblioteca que de seguro nos lerán desde outros centros.

 Neste blogue atoparedes información sobre os libros de lectura que vos recomendamos para este curso, sobre as novidades que se van fichando para a biblioteca..., sobre as actividades que levemos a cabo desde o Departamento de Dinamización.


Para todos vós, sabedes que aquí tedes o voso espazo para compartirmos lecturas, lingua e amizade.

 BO DÍA!

1 comentario:

Pilar dijo...

Moitas grazas, Ioli, polo teu agarimoso recordo. Botamos moito de menos a nosa biblio e a nosas compis. Pronto queremos facer unha visita.
Bicos:
Pilar