Marilar Alexandre, desta volta fálanos de Carlota. Carlota comeza o curso escolar, pero este ano vai ser diferente. En primeiro lugar, terá que ir coa cabeza rapada por mor dunha enfermidade; en segundo lugar, o seu cantante favorito, Poch (cuxo primeiro grupo musical foi A banda sen fu

turo), morre. O retrato de Poch que ela ten no seu cuarto será o confidente do día a día de Carlota, sobre todo, do que lle acontece no instituto onde a miran como a un ser estraño e onde atopará as mellores amizades, algún que outro inimigo, quizais o amor...
A
autora narra a historia sobre un fondo musical que acompaña a lectura desta
novela desde o principio ata o remate.
Gozade coa lectura e comentádenos que vos pareceu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario