
Non, isto non se trata do remate dun xogo virtual. Nós falamos de libros. Pero as novas tecnoloxías e os libros, malia que o pareza, non están reñidos. E se non, preguntádelles ás vosas compañeiras e compañeiros de 3º da ESO, que como primeira lectura teñen a obra de Santiago Lopo:
Game over. As súas
páxinas transportaranvos a un mundo virtual, mellor dito, a unha cidade virtual da que loitará por saír Luís, catedrático de Literatura Inglesa e apaixonado polo xadrez a quen seus fillos lle regalan o xogo.
Deixádevos absorber vós tamén pola lectura e gozade coas ilustracións que
Norberto Fernández creou para
Game over.
No hay comentarios:
Publicar un comentario