Premios Pedrón de ouro. Certame de narración breve Modesto R. Figueirido. XXXII e XXXIII certame. Este é o subtítulo dunha das obras que o alumnado de 4º da ESO le para este primeiro trimestre.
No libro atoparedes os textos premiados e mais os accésits dos anos 2006 e 2007.
O premio otorgouse por vez primeira en 1976 co nome de Concurso de Narracións Curtas Pedrón de Ouro, pero á morte do seu creador, Modesto Rodríguez Figueiredo, bautizouse co seu nome. O certame caracterízase pola defensa e promoción da nosa cultura.
Agardaremos os vosos artigos e mais os vosos comentarios sobre os relatos que leades. Seredes vós quen nos faledes das autoras e autores que participaron neste certame.
No hay comentarios:
Publicar un comentario