Tampouco nos deron cabazas no amor.
Foron os nosos alumnos e alumnas os que nos trouxeron unhas fermosas cabazas para conmemorar este tempo de Samaín. Velaí as tedes.
Parabéns para o alumnado que concursou. E xa sabedes, para o ano demostrádenos outra vez a vosa arte.
Se queredes saber un pouco máis desta tradición, pedídenos no departarmento o libro de Rafael López Loureiro: Samaín: a festa das caliveras. Nel, leredes fragmentos como este:
"Os celtas pagáns eran, como outros pobos norteños, cazadores de cabezas: levaban as cabezas dos seus inimigos a xeito de trofeos de guerra e pendurábanas todos fachendosos nas muradas das súas fortalezas e nas súas casas (...) crían que a cabeza era a morada do espírito, o verdadeiro centro do ser dunha persoa. Pendurando e venerando as cabezas dos seus inimigos pensaban que gañaban a protección dos poderes máxicos que posuían". "Cando se deixaron de usar auténticas cabezas humanas nos oficios relixiosos, pasáronse a construír réplicas en pedra, madeira, metal e óso, ás que se lle atribuían os mesmos poderes de protección. As coñecidas lanternas feitas de nabo na véspera de Santos (noutro tempo a antiga festividade de Samain) son un substituto das caveiras que en tempos se usaron. Sábese, de certo, que na idade de ferro se poñía unha vela dentro das cabezas, ao redor das fortalezas, nesta estación do ano que era a máis sinistra do ano céltico. Abofé que debía resultar arrepiante tal aparición, escintilando no medio da tenebrosa e espectral escuridade da noite".
No hay comentarios:
Publicar un comentario