A praia dos afogados. Velaiquí o primeiro título dos recomendados polo Departamento de Lingua para este curso 2010-2011.
Polo que vemos, os integrantes do Clube de Lectura xuvenil xa saben algo deste libro. A eles e mais a vós, sobre todo aos de 4º, animámosvos a que vos adentredes na nosa novela negra a través da primeira obra en que Domingo Villar nos presenta o inspector Leo Caldas: Ollos de auga. Este libro tamén está na biblioteca.
Coma sempre, aquí tedes o voso espazo para opinardes sobre esta lectura.
Deixámosvos dous interrogantes:
O Rubio, suicidio ou asasinato?
Quen é Carlos Oroza?
Gozade coa lectura.
CLUB DE LECTURA DE POESÍA: POESÍA E CANCIÓN
Hace 5 meses