Resistencia, resistencia clandestina antifascista durante as ditaduras de Salazar e Marcelo Caetano. Portugal desde os anos vinte ata os noventa do século XX. Este é o momento histórico e social que Rosa Aneiros buscou para esta obra, o marco dun bo número de historias de amores afastados, entre as que salientan a de Dinís –un obreiro da fábrica de vidro– e Filipa –filla dun rico comerciante de Coimbra–. Dinís e Filipa namoran perdidamente sen pensar nas consecuencias. E, no medio, a Revolución dos Caraveis.A militancia política dos nosos protagonistas
- "non foi unha opción senón unha esixencia e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. E loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: a resistencia. Unha novela memorable que se move entre a exaltación da resistencia política exercida por algúns personaxes e o amor entendido como algo cruel que converte as persoas en escravas. Novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer; Resistencia é, pois, toda unha singradura a través da historia portuguesa da man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio". [presentación editorial]
Seica esta lectura engancha. E vós, que nos contades dela?

