
Marilar Alexandre, desta volta fálanos de Carlota. Carlota comeza o curso escolar, pero este ano vai ser diferente. En primeiro lugar, terá que ir coa cabeza rapada por mor dunha enfermidade; en segundo lugar, o seu cantante favorito, Poch (cuxo primeiro grupo musical foi A banda sen fu
turo), morre. O retrato de Poch que ela ten no seu cuarto será o confidente do día a día de Carlota, sobre todo, do que lle acontece no instituto onde a miran como a un ser estraño e onde atopará as mellores amizades, algún que outro inimigo, quizais o amor...

No hay comentarios:
Publicar un comentario