martes, 11 de mayo de 2010

FOMOS AO CORRELINGUA!

Efectivamente, este ano todos os primeiros da ESO participastes da festa da Lingua.
Chegamos ao punto de encontro e alí estaban os outros catorce centros de Ferrolterra que ían compartir a xornada connosco.
Comezamos o percorrido e axiña as "Pandereteiras de San Xoán" nos amenizaron a marcha coa súa arte. As xentes do centro de Ferrol saían ás fiestras e ás portas dos comercios para escoitar as vosas compañeiras Antía, Sara, Elia, Iria, Raquel e Rocío.

Logo chegamos á Praza de Armas e aisitimos ás actuacións que para nós tiñan preparadas:
  • obra de teatro Zampón, o lambón a cargo da compañía Fanctoches Baj
  • leitura do manifesto
  • intervencións dos alcaldes de Ferrol e de Narón, 
  • o grupo de música Machina
  • e, como non, as pandereteiras de San Xoán. Velaí as tedes en plena actuación.
  •   Ah!, por certo! Alguén viu a Nerea e a Lois de 1º A na tele? Os da TVG fixéronlles unhas preguntiñas.
    Miguel, Laura, María e eu, que vos acompañamos, esperamos que tivésedes unha moi boa mañá.  Lembrade que vós sodes o futuro da Lingua. 
       

    2 comentarios:

    Nerea de 1ºA dijo...

    sabes profe Iolanda ,eu paseino moi ben no correlingua.E ademáis non saín na tele polo menos eu non o vin.... Jejejejejejejeje.Venga Chau

    Nerea 1ºA dijo...

    jajaja que ben me quedou o meu anterior comentario é que eu....
    Espero que teñades moita sorte con este blog é que teñades moito éxito.Jajajaja.Vémonos vale?