Poderíano escoller como epitafio
Cuspídeme enriba cando pasedespor diante do lugar no que eu repouse
enviándome unha húmida mensaxe
de vida e de furia necesaria.
Sen dúbida, estes versos arelantes de vida son dos que máis navegan pola rede neste maio das Letras.
Para o noso alumnado de 4º da ESO, que os coñecen ben, achegámoslles estoutros cos que Marica Campo lle resposta ao autor monfortino.
A Lois Pereiro, in memoriam
Cuspiríache pétalos, Pereiro,
pombas che cuspiría como salmos,
un río Mao de sombro, serpe ou vea
a baleirarse azul na túa boca.
estrelas incendiadas contra a noite,
Cuspiríache tempo nas pupilas,
raíces de zugar buscando a auga
na transparencia pura dos orballos.
Cuspiríache a furia que nos pides,
a necesaria furia, o fondo abraio,a mensaxe de vida que reclamas.
Mais ti non vas na sombra, ti non morres,
a luz anda contigo, reverdeces
na vertixe da dor e da terrura,
no alemto dos teus versos, na palabra
que molla o cuspe teu, tan poderoso.
Non cómpre un epitafio, non hai morte,
todo treme no amor do teu recordo,
víbrache enteiro o sangue cando cantas.
Ancorou no teu corpo a eternidade,
o sol que non se apaga aluma o día
en que a vida que foi rotouna nova.
Somos nós quen pedimos que o teu cuspe
siga quentando o mundo, os mil Chiapas,
a loitar polas víctimas de sempre,
que todos somos Marcos deixas dito,(23-V-2000)